jueves, 17 de octubre de 2013

XOGO EDUCATIVO:CONECTADOS



Deseñado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración con Google, o xogo pretende promover a reflexión nos menores de 14 a 16 anos sobre o que significa usar responsablemente as novas tecnoloxías e fomentar un uso construtivo de Internet dende o respecto a un mesmo e aos demais.
Trátase dun xogo cuxo obxectivo é superar catro probas que intentan sensibilizar sobre diferentes aspectos das novas tecnoloxías, en especial de Internet e redes sociais.
Unha vez finalizado o periodo de realización do concurso (decembro 2013) concederanse premios aos concursantes que mais puntuación obteñan.
Para entrar a xogar, picar sobre a imaxe.

Se queres mais información sobre como utilizar as novas tecnoloxías de maneira responsable visita "ESTA BIEN SABERLO". Unha guía para manterte seguro e protexido en Internet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario