jueves, 17 de octubre de 2013

LAS LETRAS Y YO: UN CONTO SOBRE A DISLEXIA


Este é un conto ilustrado para entender que é a dislexia, explicado a través dos sentimentos dunha nena que, por moito que se esforza, non aprende as letras como os seus compañeiros. Inclúe audio para facilitar a lectura do neno, e orientacións para pais e educadores. Tamén está indicado para logopedas, psicopedagogos, psicólogos e mestres.

Nas primeiras etapas educativas, as dificultades de aprendizaxe poden chegar a ser angustiantes e desconcertantes para os nenos que as sofren e para os pais e educadores. As autoras deste conto -a nai dunha nena disléxica e unha logopeda- queren achegar a través do relato as súas vivencias e coñecementos para axudar aos nenos con dislexia e ás súas familias.

PODEDES DESCARGALO PINCHANDO NO ENLACE: 

Podedes encontrar máis información en:
http://sandiabooks.com

1 comentario:

  1. Como sempre un recurso moi útil para as nosas clases. Graciñaaaaaaas! Unha aperta.

    ResponderEliminar