domingo, 13 de octubre de 2013

ASOCIACIÓN DE FAMILIAS DE PERSONAS CON TRASTORNOS DE LA COMUNICACIÓN SOCIAL "TRASCOS"


Presidente: Manuel Ojea Rúa 
Vicepresidenta: Erika Sousa Dasilva
Secretaria: Paula Carreiro Prieto
Tesorera: Esther Álvarez Airabella

A Asociación de Familias de Persoas con Trastornos da Comunicación Social "TRASCOS" nace sen finalidade lucrativa, está dirixida a facilitar a atención das persoas con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA), de acordo coa nova Clasificación Internacional dos Trastornos Mentais DSM-V (APA, 2013), que inclue, baixo esta denominación, o Trastorno Autista, o Síndrome de Asperger, o Trastorno Desintegrativo Infantil e o TGD Non Especificado, nos seus diferentes niveis de intensidade e tipos.
O seu ámbito de actuación é a Comunidade Autónoma de Galicia e ten como finalidades principais: 1) fomentar a axuda especializada ás persoas con Trastornos da Comunicación Social, no ámbito dos procesos de diagnóstico e da intervención psicosocioeducativa, 2) a formación profesional das familias e os profesionais que interveñen no seu proceso educativo e socio- familiar, e 3)  fomentar, deseñar, desesenvolver e divulgar a investigación científica relacionada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario