jueves, 5 de septiembre de 2013

CONSELL0S PARA O INICIO ESCOLAR DE ALUMNADO CON TDA-H


1. Revisar o plan de estudos do neno e manter un contacto directo cos profesores. Tamén se recomenda organizar unha reunión ao comezo do curso con todos os profesores e profesionais de saúde encargados do coidado do neno para establecer as metas do próximo trimestre.

2. Planificar unha rutina establecendo con antelación a que hora se ten que levantar o neno, cando se ten que vestir, que ten que almorzar e o traxecto para ir ao colexio. Así como a hora de deitarse a diario e os fins de semana.

3. Preparar a mochila, o uniforme, a merenda e a bolsa de deporte do neno a noite ou tarde anterior.

4. Ter material escolar de reposto. Debería gardarse na casa un segundo set de lapis e bolígrafos por se o neno perdese os que ten. Moitos nenos con TDAH son despistados.

5. Comunicarse regularmente co colexio para ver como vai o neno cos estudos. Recoméndase establecer a forma sobre como te comunicarás cos profesores, por exemplo, por teléfono, correo electrónico ou carta.

6. Organizar actividades extraescolares que axuden ao neno, como o baile para impulsar a súa actividade física ou o xadrez para mellorar a súa atención. Isto tamén é unha boa forma de animalo a facer amigos.

7. Trazar un plan de estudos. Un neno con TDAH pode necesitar tres veces máis tempo para rematar os seus deberes na casa.

8. Elaborar un calendario xuntos, xa que ser capaz de ver os prazos dá aos nenos a sensación de ter maior control sobre as súas vidas.

9. Establecer metas falando co neno sobre o que podería lograrse durante ese ano no colexio, centrándose nas súas fortalezas e áreas de mellora.

10. Falar co médico a semana antes de empezar o colexio, xa que, quizais, habería que revisar a medicación en caso de facer uso dela.

FUENTE:http://www.elbebe.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario