miércoles, 4 de septiembre de 2013

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2013-14

Publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2013-14. Estas axudas van dirixidas ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e tamén ao alumnado con altas capacidades.
O texto da convocatoria pode lerse no seguinte enlace:
Na páxina www.educacion.es  ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.
No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán recoller no centro educativo o impreso para cubrilo manualmente.
O prazo para entregar a documentación remata o luns, día 30 de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario