jueves, 13 de diciembre de 2012

ESTAMOS A TEMPO


Moitos nenos e nenas reciben montóns de xoguetes nesta época do ano. Sen embargo, hai outros nenos que non poden desfrutar do seu regalo de Reyes pola falta de recursos económicos da súa familia. Sabías que a pobreza infantil tradúcese nunha falta de oportunidades e exclusión social nun futuro? 

Este Nadal… gustaríanos que todos os nenos tiveran o seu xoguete e que puideran desfrutar do seu dereito a xogar, desfrutar e soñar!

Neste mapa atoparedes diferentes empresas, entidades ou grupos de persoas que fan recollida de xoguetes. Aínda estás a tempo de levar xoguetes en bon estado ou novos a algunha destas direccións.
Se na túa familia hai pequenos explícalles porque é importante que todos os nenos teñan o seu xoguete en Reis …Tamén podes pedirlle que escolla un xoguete que xa non utiliza e que te acompañe a facer a doación. 
Tratase de facer un pouco de xusticia e ofrecer solidaridade e xenerosidade gratuita.


Ver ¿Dónde puedo donar juguetes cerca de mi casa? en un mapa más grande

Tamén podes facer as túas doacións en ONGs como Cáritas, Cruz Roxa... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario