miércoles, 18 de abril de 2012

PROBAS PSICOPEDAGÓXICAS


O Departamento de Orientación, como é habitual chegadas estas datas, comezará coa aplicación da Batería Psicopedagóxica nos cambios de ciclo dos vosos fillos/as, é dicir, 2º, 4º, 6º de Primaria e 2º de ESO.
Pregamos que procuredes que non falten eses días ao Centro para que ninguén se quede sen a realización destas probas que nos axudan a coñecelos mellor e ofrecen información moi útil para darlle unha resposta educativa o mais axeitada posible as necesidades dos vosos fillos/as. Aproveitamos tamén para recordarvos a importancia da puntualidade. Comezaremos as 9 h.
Os días da intervención nas aulas serán os seguintes:

2º Primaria: xoves 26 de abril, e venres 27 de abril ás 9:00.
4º Primaria: xoves 3 de  maio  e venres 4 de maio ás 9:00.
6º Primaria: xoves 19 de abril, e venres 20 de abril ás 9:00.

2º ESO: mércores 25 de Abril ás 9:00 e mércores 26 de abril ás 12:00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario