miércoles, 25 de abril de 2012

PROBAS LIBRES DE CERTIFICACIÓN DE COÑECEMENTO DE IDIOMAS

de 
 Todos aqueles que teñades coñecemento dalgún idioma, pero non tedes forma de acreditalo, vos podedes presentar a estas probas. Tedes de prazo ata o 27 de abril para vos matricular coa finalidade de realizar estas probas e obter unha certificación oficial que acredite a vosa competencia lingüística.
Quen pode presentarse?
Todas as persoas que quixeren, coa excepción do alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel en modalidade oficial. Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior. 
Cando terán lugar?
As probas terán lugar en dúas quendas, en xuño e setembro. O calendario para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia. O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, na categoría Exames desta mesma páxina web. 

Todas/os aqueles que desexedes presentarvos, podedes consultar aquí as guías de BásicoIntermedio ou Avanzado, segundo corresponda, e os modelos de exames de anos anteriores.

A matrícula realízase en liña, a partir da ligazón: 

2 comentarios:

  1. Hola Mª Pastora, yo también participo en blogs amigos y vengo a saludarte, a hacerme seguidora y a invitarte a ver mi blog. El tuyo es una gran biblioteca de recursos y conocimientos, me ha encantado.
    Un abrazo desde ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

    ResponderEliminar
  2. Hola os rapaces e as profes do Taller de Aprender a Aprender do Concello de Outes teñen no seu blog un premio para vos por todos os recursos e axuda que nel atopamos.
    un saúdo

    http://talleresdecarmela.blogspot.com.es/2012/04/triplete-de-premios.html

    ResponderEliminar