miércoles, 18 de abril de 2012

ESCOLA DE FAMILIAS 2012

Nais, pais e profesorado temos ante nos un gran reto cada día:
Educar ás persoas que, dentro duns anos, terán nas súas mans o futuro”.
Dende o Departamento de Orientación xunto con todo o profesorado do Colexio queremos invertir en valores, recuperar á nosa dignidade persoal, cultural e moral.
Para logralo dende o CPI un ano mais iniciamos a ESCOLA DE FAMILIAS, como en anos anteriores esta basearase   nunha serie de Conferencias propostas polo Colexio, actividades, reunións, etc. Ademais como sabemos que non sempre é posible dispor do tempo que nós quixeramos, de cada unha das conferencias  elaboraremos un boletín informativo que vos enviaremos a través dos vosos fillos/as, tamén a través da páxina web do centro e dende este blog, aportarémosvos  informacións útiles para cada rango de idade co fin de educar máis e mellor aos nosos fillos/as e alumnado.
Tamén podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación e preguntar, comentar, suxerir… o que vos preocupe ou interese sobre a educación dos vosos fillos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario