jueves, 23 de febrero de 2012

ITEPASAS

ItePasas é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académico e profesional que ten como finalidade facilitar ao alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación, ofrecéndolle a posibilidade de recorrer todas as opcións formativas que ofrece o sistema educativo (loxicamente incide mais no asturiano) unha vez finalizados os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Tamén permite ao alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, acercarse aos sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados aos seus intereses, competencias e capacidades.
Para iso conta con tres grandes bloques que poderás examinar:
  • Autoanálise. Mediante un breve test de autoavaliación axuda a ter máis claro o tipo de profesión ao que lle gustaría dedicarse e saber qué estudos se necesitan para poder exercer esa profesión, o que require o posto de traballo en canto as competencias e capacidades.
  • Grupos ocupacionais e sectores. Ofrece un amplo listado de ocupacións e sectores de actividade para que os coñezas con detalle. Esta información vaite a resultar moi útil para elixir qué actividade profesional encaixa coas túas capacidades e coas túas preferencias.
  • Itinerarios Formativos. Orientate sobre todas as opcións formativas que tes unha vez finalizados os estudos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional para axudarte a tomar a mellor decisión en función dos teus obxectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario