domingo, 21 de agosto de 2011

NOVA ORDEACIÓN XERAL DA FP



O novo Real Decreto 1147/2011, de 29 de xullo, regula a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.
Entre as novidades, destacan: a integración na ordeación da formación profesional dos módulos profesionais dos Programas de Cualificación Profesional Inicial; os cursos de especialización dos ciclos formativos; a ampliación das posibilidades de acceder a os diferentes niveis de formación profesional (esencialmente aos ciclos de grao medio e superior), a través dunha nova regulación do acceso e as convalidacións e exencions; ou a flexibilización da oferta formativa para garantir unha mellor adaptación ás demandas do entorno socioeconómico.
Ademais,  recollense nesta norma outras disposicións en materia de formación profesional, como son a formación profesional a distancia, a información e orientación profesional, a rede de centros de formación profesional ou a colaboración co sistema universitario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario