domingo, 12 de junio de 2011

O alumnado de programas de cualificación profesional inicial poderá acceder de forma directa a ciclos de FP de grao medio

O alumnado que teña superados todos os módulos específicos dos que se compón o programa de cualificación profesional inicial recibirá unha certificación académica que terá efectos de acreditación das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (cualificación profesional completa de nivel 1). Ademais os que teñan superados todos os módulos obrigatorios, é dicir, os módulos específicos e os módulos formativos de carácter xeral dos que se compón o 1º curso do programa de cualificación profesional inicial, recibirán unha certificación académica que permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio, nas condicións que se establezan.
Doutra banda, de ter superados tamén os módulos voluntarios as alumnas e alumnos poderán obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario