martes, 10 de enero de 2017

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017


Publicouse a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
      PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de MARZO de 2017, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 06 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

      REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOSNon cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017.
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.
  • EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de decembro de 2017

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
    Via web na seguinte aplicación:
    https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

    DATAS E HORARIOS DA PROBA:

    1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.00 ás 13.00 horas: Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá  e Ciencias sociais.
    Das 16.00 ás 18.00 horas: Ciencias da natureza e Tecnoloxía
    2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
    Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.



INFORMACIÓNS DE INTERÉS NESTA CONVOCATORIA

IMPRESOS PARA INSCRICIÓN NA PROBA:
Impresos proba acceso a Ciclos Medios:
Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao medio.

Impresos proba acceso a Ciclos Superiores:

Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao superior

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
    Materiais didácticos para facilitar a preparación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Prema nas seguintes ligazóns para acceder aos materiais (ficheiros en formato ZIP. Debes descomprimilos nun directorio):

Materiais da parte científico-tecnolóxica

Material da parte científico-tecnolóxica.

Materiais da parte sociocultural.

Materia de Xeografía, historia e ciencias sociais.
Materia de Lingua galega e literatura.
Materia de Lingua castelá e literatura.

MODELOS DE EXAMES ANTERIORES

viernes, 4 de noviembre de 2016

FUNCIONAMENTO DO CEREBRO E TDA-H

Vídeo moi interesante que dunha maneira moi sinxela acércanos á comprensión do que ocorre no cerebro dos nenos/as que presentan un Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade.

 
Fuente: Recursos de Orientación educativa

jueves, 30 de junio de 2016

Instrucións e Oferta formativa de ciclos de Formación Profesional en Galicia 2016/2017

(Ata o 5 de xullo de 2016 atenderase vía telefónica ou presencial, de 10 a 14 horas, para axudar ao alumnado e familias no proceso de admisión en calquera ciclo de FP)

A Consellería de Educación publicou as ordes polas que se actualiza a oferta de ciclos de Formación Profesional para o curso 2016/2017.

Orde do 10 de xuño para Réxime Ordinario.
Orde do 13 de xuño para oferta modular do Réxime de Adultos.

Instrucións





Ligazón coa web.



Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Oferta de prazas para formación profesional dual:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 20.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 20.06.2016)

Oferta de prazas para os módulos correspondentes a programas formativos básicos (Para alumnado con Necesidades Educativas Especiais):
Oferta de programas formativos básicos por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Oferta de programas formativos básicos por provincia e concello(actualizado 23.06.2016)

Oferta de prazas para probas libres de ciclos formativos:
Relación de ciclos e prazas obxecto de esta convocatoria

Oferta de FP en centros privados:
Centros privados con oferta de FP autorizada


martes, 24 de mayo de 2016

CONTOS PARA EXPLICAR E ENTENDER O ALZHEIMER

DENDE OS 5-6 ANOS:

La abuela necesita besitos


Abuelita, ¿te acuerdas?




Estas en la luna

En la laguna mas profunda

ENTRE 10 E 16 ANOS

Alzheimer ¿ que tiene el abuelo?
El Rey olvido y mi abuela María

Material elaborado por la A.F.A Nuestros Ángeles co obxectivo de que o alumnado de primaria coñeza os conceptos e particularidades da enfermidade de alzheimer. O caderno podemos descargalo neste enlace.

martes, 3 de mayo de 2016

PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

A Xunta presenta o protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a  libertade de identidade de xénero, con fin de avanzar na atención á diversidade do alumnado galego.

martes, 19 de abril de 2016

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS

O Goberno de España, as Comunidades Autónomas e as corporacións locais ofrecen axudas sociais ás familias españolas tal e como establece a distribución competencial do Estado nesta materia.
No caso das competencias do Goberno de España, as axudas ás familias tramítanse a través de diferentes organismos, como a Seguridade Social ou a Axencia Tributaria.
Algunhas das principais axudas ás familias que conceden as diferentes administracións en España podédelas ver na nova guía que se publicou e que podedes descargar picando AQUÍ !!



martes, 5 de abril de 2016